Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48182

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (285/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 285/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Capone contra Tortoni, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución con data do 30 de novembro de 2015 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días; fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Tortoni, S.L. e Soros Investiment Corporation Spain, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2015

O letrado da Administración de xustiza