Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 129/2011).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 129/2011

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 293/2011

Sobre ordinario

Demandante: María José Naveira Veiras

Avogada: Rosa María Vila Amarele

Demandados: Ronaldo Gómez Sánchez, María Inmaculada Carril González, Cayaiza, S.C.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 129/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª José Naveira Beiras contra a empresa Ronald Gómez Sánchez, Mª Inmaculada Carril González, Cayaiza, S.C., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 27 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de María José Naveira Veiras fronte a Ronaldo Gómez Sánchez, María Inmaculada Carril González, Cayaiza, S.C.

– Levar o orixinal ao libro de decretos, e deixar testemuño nas presentes actuacións.

– Arquivar o presente procedemento e dalo de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes e a Mª Inmaculada Carril González e Cayaiza, S.C., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0129 11. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0129 11. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Mª Inmaculada Carril González e Cayaiza, S.C., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2015

A secretaria xudicial