Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto contra a resolución do expediente sancionador AC-EP 332/2013, en materia de espectáculos públicos, tramitado na provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a resolución do recurso de alzada que se relaciona, interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador AC-EP 332/2013, tramitado na provincia da Coruña por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro das resolucións que se sinalan no anexo a este anuncio, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº de expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

AC-EP 332/2013

Elia Álvarez Telo

r/ Curros Enríquez, nº 40, Maianca

15178 Oleiros (A Coruña)

Flor de Lis

Resolución do recurso de alzada

Desistencia