Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión do servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-2523; XG-250, de Carballiño a Ribadavia por Cabanelas, con anexos, de Autocares Rodríguez Carballiño, S.L.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, expediente de modificación, do contrato de xestión del servizo público V-2523; XG-250, de Carballiño a Ribadavia por Cabanelas, con anexos, de Autocares Rodríguez Carballiño, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (rúa José Ángel Valente, 2, baixo), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.ourense@xunta.es

Ourense, 30 de outubro de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense