Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/231-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España-Acuaes-.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4º andar, 28003 Madrid.

Denominación: proxecto de CS e CT de 160 kVA para tanque tormentas Montón.

Situación: Montón-Ferrol.

Descricións técnicas: nova cela de liña (CGMCOSMOS-L, interruptor –seccionador) en centro de seccionamento 15SN22 –propiedade Unión Fenosa Distribución– existente.

Liña RHZ1-OL 12/20 kV, de sección 1×240 mm2, de 250 m, entre CS 15SN22 e CT de abonado.

Cela de liña (CGMCOSMOS-L, interruptor –seccionador) en CT de abonado.

Cela de protección (CGMCOSMOS-V, con interruptor automático) no CT de abonado.

Cela de medida (CGMCOSMOS-M) no CT de abonado.

Liña RHZ1-OL 12/20 kV, de sección 1×95 mm2, de 5 m, entre cela de medida e transformador de abonado.

Transformador trifásico de tensión, de 160 kVA de potencia e refrixeración natural. Tensión primaria 15 kV e secundaria 420 V. Grupo de conexión Dyn11.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña