Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación (286/2015).

ETJ execución de títulos xudiciais 286/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 339/2015

Sobre despedimento

Demandante: Rosa María Bahamonde Liñares

Avogada: Sonia Gil Martínez

Demandada: Zapatos y Complementos Bari, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 286/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Bahamonde Liñares contra a empresa Zapatos y Complementos Bari, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto o 26 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Rosa María Bahamonde Liñares fronte a Zapatos y Complementos Bari, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0286 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0286 15. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Zapatos y Complementos Bari, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

A secretaria xudicial