Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (286/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 286/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 339/2015

Sobre despedimento

Demandante: Rosa María Bahamonde Liñares

Avogada: Sonia Gil Martínez

Demandada: Zapatos y Complementos Bari, S.L.

Cédula de citación:

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 286/2015.

Persoa que se cita: Zapatos y Complementos Bari, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/s acto/s de comparecencia, aos cales concorrerá coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. O 18 de xaneiro de 2016, ás 12.00 horas, na planta baixa, sala de vistas número 3.

Prevencións legais:

1º. A non comparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (art. 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (art. 155.5, parágrafo 1º, da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

A secretaria xudicial