Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (723/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 723/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Refojo Gil contra a empresa Transporte Nospima, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo.

Que estimando integramente a demanda interposta por Ángel Refojo Gil contra Transporte Nospima, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 7.643,82 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá aterse ao que resulte de aplicación do artigo 33 del ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de Xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insíranse nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transporte Nospima, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2015

A secretaria xudicial