Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (800/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 800/2015 por instancia de Nuria Sexto Lorenzo contra a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 20.11.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda formulada por Nuria Sexto Lorenzo fronte á empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. ao demandante.

– Condénase a Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 48.226,32 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata esta data importan 9.696,24 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 72,63 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2015

A secretaria xudicial