Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47214

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (821/2013).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 821/2013, seguido por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros contra Construcciones Constenla Vea, S.L., en situación de rebeldía procesual, nos cales se acordou a notificación da sentenza ditada en data 19 de febreiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decisión:

Que estimo a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Construcciones Constenla Vea, S.L. e condeno a Construcciones Constenla Vea, S.L. a que lle aboe ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade de 6.472,72 euros, incrementada cos correspondentes xuros legais, desde a data do emprazamento, 17 de decembro de 2013, ata a data desta resolución e desde esta os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

Impóñense as custas do proceso a Construcciones Constenla Vea, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e prevéñaselles que contra esta poderá interporse recurso de apelación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, e déixese no procedemento testemuño suficiente.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Construcciones Constenla Vea, S.L., expídese a presente para que sirva de notificación.

Pontevedra, 19 de outubro de 2015

O/a secretario/a xudicial