Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47213

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4505/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4505/2014 desta sala, seguido por instancia do Fogasa contra Euro-Gomca, S.L., Rafael Carlos Cabezas Enríquez, e a administración concursal Euro-Gomca, S.L. (Mª del Carmen Pozo Borrago) sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Estimando o recurso de suplicación interposto polo Fogasa contra a sentenza do 30 de xuño de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, pronunciada no procedemento número 436/2014, anulamos todo o actuado desde o auto de admisión a trámite da demanda, e devolvemos os autos ao xulgado de instancia a fin de que se conceda á demandada o prazo de catro días para a ampliación da demanda, nos termos explicitados en anterior fundamento de dereito e novo sinalamento para xuízo, e logo da celebración deste e con absoluta liberdade de criterio, dítese a oportuna sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Euro-Gomca, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza