Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de desistencia (DSP 695/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 695/2015

Procedemento de orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Almudena Cernadas Iglesias

Demandados: Esilux Ibérica, S.L. e o Ministerio Fiscal

Eu, María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 695/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Almudena Cernadas Iglesias contra Esilux Ibérica, S.L. e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, foi ditado auto cuxa parte dispositiva di:

«Dispoño ter por desistida a Almudena Cernadas Iglesias da súa demanda contra Esilux Ibérica, S.L., en materia de despedimento.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Así o acorda, manda e asina, por este auto, a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Esilux Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2015

A secretaria xudicial