Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47217

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (42/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 42/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria de la Trinidad Arrojo García contra Caramés Seoane, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 479/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 42/2015

Demandante: Nuria de la Trinidad Arrojo García

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandado: Caramés Seoane, S.L.

Fogasa

A Coruña, 23 de novembro de 2015

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Nuria de la Trinidad Arrojo García fronte á empresa Caramés Seoane, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 40.745,63 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 70,10 euros/día.

3º. Condeno a empresa Caramés Seoane, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.051,50 euros en concepto de prazo de aviso previo non concedido.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Caramés Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expídese el presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

A secretaria xudicial