Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 167/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 167/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Eiriz Mata contra Servipertu, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 527/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 167/2013.

Demandantes: Sandra María Eiriz Mata; comparece por si mesma.

Demandado: Servipertu, S.L.

Fogasa.

«Sentenza 527/2015.

A Coruña, 24 de novembro de 2015.

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Sandra María Eiriz Mata fronte a Servipertu, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 4.313,56 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10 % de xuro de mora da dita cantidade.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Servipertu, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de novembro de 2015

A secretaria xudicial