Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46504

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (209/2014).

María Isabel Martínez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Jesús Rodríguez Guillán, Eva María Rodríguez Carril, Ángela Rodríguez Carril e Jesús Manuel Rodríguez Carril fronte a A Vila Desarrollos Urbanísticos, Sociedad Limitada, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

Sentenza: 81/2015.

Procedemento: xuízo ordinario nº 209/2014.

Parte demandante: Jesús Rodríguez Guillán, que actúa en beneficio da sociedade de gananciais que ten formada coa súa esposa Josefa Carril García, Eva María, Ángela e Jesús Manuel Rodríguez Carril.

Procurador: Francisco Javier Salmonte Rosendo.

Letrada: Teresa Ferreiro Vila.

Parte demandada: A Vila Desarrollos Urbanísticos, S.L., en rebeldía procesual.

En Noia o un de setembro de dous mil quince.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Francisco Javier Salmonte Rosendo, en nome e representación de Jesús Rodríguez Guillán, que actúa en beneficio da sociedade de gananciais que ten formada coa súa esposa Josefa Carril García, de Eva María, Ángela e Jesús Manuel Rodríguez Carril, contra a entidade A Vila Desarrollos Urbanísticos, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro resolto o contrato de permuta do soar por obra futura que foi concertado o vinte e seis de xaneiro de dous mil sete entre os cónxuxes Jesús Rodríguez Guillán e Josefa Carril García e os seus fillos Eva María, Ángela e Jesús Manuel Rodríguez Carril, dunha parte e doutra a mercantil A Vila Desarrollos Urbanísticos, S.L., ante o notario de Rianxo, Sr. Pérez-Tabernero Olivera, nº 132 do seu protocolo, que figura como documento nº 2 dos que se xuntan á demanda; que a mercantil demandada debe aboar aos demandantes o importe de 162.300 euros. Tal contía devindicará xuros desde a interpretación xudicial e ata o completo pagamento das cantidades obxecto de condena.

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interpoñerase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia e o seu partido.

E encontrándose o devandito demandado, A Vila Desarrollos Urbanísticos, Sociedad Limitada, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Noia, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial