Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46502

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1329/2014-CL).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento more uxorio 1329/2014 seguido por instancia de María Aparecida Oliveira fronte a Marciano de Oliveira ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 702.

En Vigo o dezanove de novembro de dous mil quince.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1329/2014, sobre garda e custodia e alimentos respecto do fillo menor de idade, por instancia de María Aparecida de Oliveira, representada pola procuradora dos tribunais Paula Lima Casas e con asistencia letrada de Fernando Crespán Conde, contra Marciano de Oliveira, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Lima Casas, en nome e representación de María Aparecida de Oliveira, como demandante, contra Marciano de Oliveira, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, estímaa e realiza os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúese a María Aparecida de Oliveira, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o menor Enzo Thiago.

Segundo. O menor poderá comunicarse e relacionarse co seu proxenitor cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo así o decidan.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Marciano de Oliveira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 23 de novembro de 2015

A secretaria xudicial