Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46500

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5115/2014 CRS).

Número de recurso: RSU recurso de suplicación 5115/2014 CRS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 440/2014 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorrida: Mª Pilar Blanco Pereira

Avogada: Paula López Calviño

Recorrida: Euro Gomca, S.L. (DOG)

Recorrida: administración concursal Gomca, S.L. (Mª Carmen Pozo Borrajo)

Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5115/2014 desta sección, seguido por instancia de Mª Pilar Blanco Pereia contra Fogasa, Euro-Gomca, S.L., administración concursal Gomca, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos. Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, nos presentes autos tramitados por instancia da demandante María Pilar Blanco Pereira fronte á empresa Euro Gomca, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Euro-Gomca, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Ramón Piñeiro, 13, baixo, Ourense, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza