Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (800/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 800/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Peláez Lamas contra Pezetace, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse auto cuxo contido é o seguinte:

Estimar o recurso de reposición formulado fronte á dilixencia de ordenación do 26 de outubro de 2015, que deixou sen efecto, ordenando a continuación da execución instada pola parte demandante, e sen prexuízo do exercicio das alegacións que considere conveniente efectuar o Fogasa, no citado procedemento polas canles procedementais oportunas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o acorda e asina Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Pezetace, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

A secretaria xudicial