Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (371/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 371/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Lamas contra Cadena Noroeste de Medios de Comunicacion, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel López Lamas contra a entidade Cadena Noroeste Medios de Comunicación, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Cadena Noroeste Medios de Comunicación, S.A., a que aboen ao demandante a cantidade de 1.718,14 € correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo, e con imposición do aboamento dos honorarios do graduado social que a asistiu ata o límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

A secretaria xudicial