Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 25 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2014/00544 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca.

– BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H.

– Santander.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-00371-O-2013

RA/M/2014/00544

SE-4369-DC / R-6339-BBC

Garda Civil 3200 G24802M

Transmario, S.L.

Utilizar a tarxeta doutro condutor ou unha folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do condutor.

13.2.2013; 9.25; A-52; 0132,000

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-01116-O-2011

RA/M/2014/00672

6829-CXG

Garda Civil 3604 P03095B

Grupo J.C.A. Hormigones, S.A.

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

14.7.2011; 11.06; AP-9; 137,5

Art. 140.1.9 LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00946-O-2012

RA/M/2015/00014

6726-GZS

Garda Civil 2704 I64330I

Jesús Enrique Gómez Picazo, S.L.

Exceso na condución ininterrompida superior ao 50 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Máis de 7.45 h.

10.5.2012; 13.40; AG-64; 55,900

Art. 140.20 LOTT

4.600 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-02809-O-2012

RA/M/2015/00073

5211-BNC / R-8260-BBD

Garda Civil 1503 A54682C

Eventos Musicales Galicia, S.L.

Non levar inserido no tacógrafo a folla de rexistro ou tarxeta de condutor durante a prestación do servizo ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

9.8.2012; 9.10; AP-9; 25,200

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Estimatoria parcial, rebaixando a sanción imposta