Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 24 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifican as solicitudes de acreditación da representación nos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00693).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as solicitudes de acreditación da representación dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este non ten un requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal e como é que, para interpoñer recursos se deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto requíreselle para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade; remitíndoo á Consellería de Infraestruturas e Vivenda; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5; 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de 10 días contados a partir da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lembrarlle, que de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2015/00693

XC-00571-O-2014

9635-CFF/R-2660-BBD

Garda Civil 1501 S50713X

Transleca, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

8.10.2013; 12.35; N-634; 666