Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de novembro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00826-O-2015).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña ditou a proposta de resolución do expediente sancionador XC-00826-O-2015 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da proposta de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a proposta de resolución á empresa interesada.

Infórmaselle de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselle un prazo quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00826-O-2015

4994-HZV

Garda Civil 1503 N41519R

Nanytráns Transport Europe, S.L.

B54770516

Rúa Leopoldo Vicente Serrano, 4º B

03205 Alacante

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

15.11.2014; 11.42; AG64; 37,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros