Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2015/224-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT derivada ao CT Viso e CT Tuimil II, fase 1.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ estruturada en tres tramos:

1. 214 metros; orixe: paso aéreo subterráneo (PAS) no apoio proxectado nº 1; final: CT proxectado Tuimil II.

2. 676 metros; orixe: CT proxectado Tuimil II; final: CS derivada Nogueira.

3. 24 metros; orixe: CS derivada Nogueira; final: PAS no apoio proxectado nº 13.

Centro de transformación Tuimil II de 250 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado en Tuimil, O Viso Redondela.

Retensamento dos vans aéreos contiguos aos apoios instalados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra