Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2015/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforma LMTA VAR803B rúa Nova-Friáns derivación polígono Tremoedo.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas:

– Actuación 1. LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.078 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente CH-1000-11, nº 56-4, da LMTA rúa Nova-Friáns, e final no apoio existente CH-1600-11, nº 56-11.

– Actuación 2. LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 32 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000-18, nº 56-9 e final no apoio existente HV-1000-15, nº 56-9-1.

A instalación está situada no lugar de Deiro, Tremoedo, Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra