Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45788

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1251/2013).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, procede notificar a Juan Carlos Barrios Aguilar, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, a sentenza ditada neste procedemento con data do 2 de setembro de 2015, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia:

«Resolución.

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia da menor Selva Barrios Iglesias, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúese a garda e custodia da menor á nai. A patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

2. Atribúeselle a Juan Carlos o seguinte réxime de visitas:

• Cando o pai acuda á localidade en que estea residindo a súa filla e exista vontade por ambas as partes en verse.

• A metade das vacacións escolares de verán. A menor viaxará ao lugar en que resida o pai, con aboamento por parte deste dos gastos de traslado.

• A metade das vacacións de Semana Santa e Nadal. O pai desprazarase ao lugar de residencia da menor.

3. En concepto de alimentos a favor dos fillos comúns establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco primeiros días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa en data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios. Será necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos».

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

Ourense, 6 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza