Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45787

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (116/2014).

Peza: RPL. Recurso de apelación (LACn) 116/2014

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 381/2012

Recorrentes: José Enrique Nogueira Pérez e David Castro Rey

Procuradores: Natalia Troitiño Abalo e Francisco Javier Fernández Somoza

Avogada: Dolores Canabal Fandiño

Recorridas: Fornecementos Galegos, S.L., Tesdetodo, S.L.

Procuradora: Raquel Puente Fernández

Avogada: María Dolores Traba López

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial, por este edicto fago constar que na Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LACn) 116/2014 (dimanante do procedemento ordinario nº 381/2012 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada), sendo apelante José Enrique Nogueira Pérez e apelados David Castro Rey, Fornecementos Galegos, S.L. e Tesdetodo, S.L., nos cales, con data do 16 de outubro de 2014, se ditou sentenza cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta sección terceira sita en Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro, nº 5, 2, á disposición das partes.

Para que conste e lle sirva de notificación á parte Tesdetodo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Pontevedra, 13 de novembro de 2015

O secretario xudicial