Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45785

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4703/2014).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4703/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1145/2012. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Secundino Lorenzo Rodríguez

Avogado: Daniel del Valle Corrochano

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Dragados, S.A., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Excavaciones y Túneles Suroeste, S.A.

Avogado: Balbino Irisarri Castro

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4703/2014 desta sección, seguido por instancia de Secundino Lorenzo Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Dragados, S.A., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Excavaciones y Túneles Suroeste, S.A., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Secundino Lorenzo Rodríguez contra a Sentenza do 11 de decembro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, en proceso sobre determinación de continxencia promovido polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as mutuas Asepeyo e Fremap e outras, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Túneles Suroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza