Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45783

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de emprazamento (RSU 1988-15 IS).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1988/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A., Ana María Sampedro Fernández sobre despedimento disciplinario, foi ditada na data 12.11.2015 a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 12 de novembro de 2015.

O anterior escrito subscrito polo avogado do Estado, en nome e representación do Fogasa, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala, e deben acreditar a representación da parte, de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Limpiezas Secope, S.A. a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza