Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45781

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1730/2015).

Eu, M. Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1730/2015 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. contra María Trinidad Campos Rodríguez, Basilio Alonso Blanco, Rocío Berbés Amoedo, Enrique Giralda Larran, Juan José Vázquez Senra, José Manuel Iglesias Pérez, Javier Pablo Romero Falque, Jorge Cruz Romero, Raquel Expósito Míguez, Manuel Calviño Moledo, Fernando Darrosa Abal, José Manuel Martínez López, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Currás García, María del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza, Daniel Velasco Teijeira, sobre despedimento disciplinario, se ditou, con data do 27.10.2015, a seguinte resolución:

Na Coruña, o 27 de outubro de 2015.

O anterior testemuño da sentenza firme de contraste remitida polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco únase.

Emprácense as partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, acheguen copias do dito escrito e designen un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións. Remítase edicto ao DOG para o emprazamento de Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Currás García, M. del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza e Daniel Velasco Teijeira.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Jesús González Pérez, José Manuel González González, Rocío Berbés Amoedo, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Currás García, M. del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza e Daniel Velasco Teijeira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza