Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45790

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (164/2015).

María Iria Román Vidarte, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Padrón, fago saber que nos autos de procedemento ordinario 164/2015 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Padrón o quince de outubro de dous mil quince.

Vistos os autos por Carlos Gayo Lemos, xuíz substituto do Xulgado de Primera Instancia número 2 desta localidade, seguidos ante este a instancia da procuradora Sra. García Quintáns, na representación que ten en autos Rita Sobradelo Vicente, asistida polo letrado Sr. Carreño Otero, en reclamación de cantidade contra José Manuel González Rodríguez en situación de rebeldía procesual e que non compareceu ao acto de audiencia previa

Seguen fundamentos de dereito.

Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. García Quintáns, na representación que ten en autos Rita Sobradelo Vicente, asistida polo letrado Sr. Carreño Otero, contra José Manuel González Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o devandito demandado a aboar á parte demandante a suma de 86.545,74 euros (oitenta e seis mil cincocentos corenta e cinco euros con setenta e catro céntimos de euro) en concepto de principal, incrementados nos xuros legais percibidos desde a interpretación xudicial ata o completo e cumprido pagamento, con imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña (sección sexta).

Así o pronuncia, manda e asina, Carlos Gayo Lemos, xuíz substituto do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Padrón e o seu partido xudicial».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC polo presente se notifica a sentenza a José Manuel González Rodríguez co fin de que en prazo de 20 días poida interpoñer recurso de apelación contra esta, baixo apercibimento de declaración de firmeza da sentenza.

Padrón, 6 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza