Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45792

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (293/2014).

Divorcio contencioso 293/2014

Procedemento orixe:

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Ana María Nogueira Rodríguez

Procuradora: Angélica García Carnota

Demandado: Antonio Castro Landín

Vistos por min, Elena Isabel Moreira Lantes, xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido, os autos de xuízo de divorcio, tramitados ante este xulgado co número 293/2014, promovidos pola procuradora Angélica García Carnota, en nome e representación de Ana María Nogueira Rodríguez e asistida polo letrado Álvaro Rodríguez Núñez, contra Francisco Antonio Castro Landín, en situación de rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal, en virtude das facultades que me confire a Constitución española e en nome da súa maxestade o rei, dito a seguinte:

«Sentenza 177/2014.

Vilagarcía de Arousa, 12 de decembro de 2014.

Antecedentes de feito (…).

Fundamentos de dereito (…).

Fallo:

Que estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora Angélica García Carnota, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre Ana María Nogueira Rodríguez e Francisco Antonio Castro Landín, aprobando as seguintes medidas definitivas:

a) A disolución da sociedade de gananciais.

b) O fillo menor de idade quedará baixo a garda e custodia da súa nai e ambos os dous proxenitores terán a patria potestade compartida.

c) O pai gozará dun réxime de visitas respecto do menor comprensivo de fins de semana alternas, metade das vacacións de Nadal e de Semana Santa e as vacacións de verán. Respectaranse sempre a xornada escolar e as actividades extraescolares do menor, se as houber, e fixaranse como horarios de recollida e entrega do menor no domicilio da nai os seguintes:

1. Respecto das fins de semana alternas: desde os venres ás 20.00 horas ata os domingos ás 20.00 horas. Este réxime comezará a rexer desde que a presente sentenza sexa executiva, de forma que a fin de semana seguinte a que se cumpra este termo corresponderá ao pai estar co menor e a partir de entón comezará a alternatividade.

2. Respecto das vacacións de Nadal, terá o seu fillo desde o 23 de decembro ata o 30 de decembro nos anos pares, e desde o 31 de decembro ata o 6 de xaneiro nos anos impares.

3. En canto ás vacacións de Semana Santa, poderá ter consigo o menor desde o Venres de Dores ata o Mércores Santo nos anos impares, e desde o Mércores Santo ata o Domingo de Resurrección nos anos pares.

4. En canto ás vacacións estivais, corresponderá ao pai ter o menor o mes de xullo nos anos pares e o de agosto nos impares.

d) En concepto de pensión por alimentos, o demandado aboará por meses anticipados e dentro do primeiros cinco días de cada mes, con efectos desde que a presente resolución sexa executiva, mediante ingreso ou transferencia bancaria na conta número ES 02-0081-2176-0100-0606-4917, a cantidade de 200 euros mensuais, que serán actualizados anualmente segundo o índice que estableza o Instituto Nacional de Estatística, máis a metade dos gastos extraordinarios que sexan necesarios para a súa educación, fóra do que é o ensino medio (excursións, actividades extraescolares, clases particulares) ou saúde e non se atopen estes últimos cubertos pola Seguridade Social ou seguro médico; estes gastos deberán ser acordados entre ambos os dous proxenitores, salvo que a excepcionalidade e a présa obriguen a adoptalos o proxenitor que nese momento teña o menor na súa compañía.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil de Alcalá de Henares, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna no día da data a xuíza que a subscribe en audiencia pública, do que eu, secretaria, dou fe.

A secretaria