Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45795

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (18/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 18/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Sergio Lorenzo Bazarra contra Mutua Galega, EPC Todo en Piedra, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, INSS, sobre Seguridade Social, se ditou auto de aclaración de sentenza de data 11.11.2015 cuxa parte dispositiva é a que segue:

1. Estimar a solicitude de Sergio Lorenzo Bazarra rectificar o erro padecido na decisión da sentenza ditada neste procedemento con data 3.11.2015 no sentido que se indica a continuación.

Na decisión da sentenza,

Onde di:

(...) Estimando a demanda formulada por Juan Carlos Montes Núñez Enrique (...).

Debe de dicir:

(...) Estimando a demanda formulada por Sergio Lorenzo Bazarra (...).

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpoñer fronte á resolución aclarada.

E para que sirva de notificación en legal forma a EPC Todo en Piedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 11 de novembro de 2015

A secretaria xudicial