Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (206/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 206/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 849/2011

Sobre ordinario

Demandante: Marcos Barbazán López

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Constantino Miguens Teijeiro, María del Carmen Roo Blanco, Fogasa Fondo de Garantía Salarial

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 206/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Barbazán López contra Constantino Miguens Teijeiro, María del Carmen Roo Blanco, Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela o vinte e tres de outubro de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Marcos Barbazán López presentou solicitude de execución de sentenza nº 60/15 ditada no PO 849/2011 contra Constantino Miguens Teijeiro, María del Carmen Roo Blanco, Fogasa Fondo de Garantía Salarial e, atendendo a devandita solicitude, na data do 31.7.2015, este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 9.385,64 euros en concepto de principal (9.065,75 euros de salarios +319,89 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 938,56 euros.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Constantino Miguens Teijeiro, María del Carmen Roo Blanco, realizada por decreto do 28.3.2014, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, foi ditado na data do 31 de xullo de 2015 decreto de audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se era o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións e que se pode ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei e que se debe dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñeceren novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisoria para todos os efectos, até se coñeceren novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Constantino Miguens Teijeiro, María del Carmen Roo Blanco en situación de insolvencia total por importe de 9.385,64 euros en concepto de principal (9.065,75 euros de salarios +319,89 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 938,56 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición ante a secretaria xudicial que dita esta resolución, pódese interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén, a xuízo do recorrente, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Constantino Miguens Teijeiro e María del Carmen Roo Blanco, para efectos da correspondente publicidade, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

A secretaria xudicial