Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de novembro de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 346/2015 no expediente de reposición da legalidade número COR/49/2013, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario núm. 346/2015, interposto por Alberto Edelmiro Vigo González, contra a Resolución do 6 de agosto de 2015 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 2 de xullo de 2015, no expediente de reposición da legalidade urbanística núm. COR/49/2013, pola que declaran ilegalizables as obras e actuacións realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, sitas no lugar de Corgo, Rialiño, Concello de Dodro, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a José Luis Vigo González e a Diego Vigo Bermúdez para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística