Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de novembro de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 586/2015 no expediente de reposición da legalidade IU2/12/2011-C1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento abreviado núm. 586/2015, interposto por Química de Munguía, S.A., contra a Resolución do 2 de xullo de 2015, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impón unha terceira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 19 de abril de 2012, do 8 de abril de 2013, do 18 de marzo de 2014 e do 11 de marzo de 2015, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a entidade Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI, S.L. para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística