Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de asesoramento especializado e xestión operativa do Plan de administración e goberno dixitais 2020 da Xunta de Galicia (expediente 40/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo asesoramento especializado e xestión operativa do Plan de administración e goberno dixitais 2020 da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 27.7.2015.

DOUE: 25.7.2015.

BOE: 4.8.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.993.760,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 1.197.504,00 €, máis 251.475,84 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 1.448.979,84 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.10.2015.

b) Data de formalización do contrato: 16.11.2015.

c) Contratista: Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios, S.L.

d) Importe de adxudicación: 1.300.750,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia