Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de novembro de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 272/2015 no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade SIL/98/2012, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 272/2015, interposto por Marina Herbello Millán contra a Resolución do 21.7.2015, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que inadmite por extemporáneo o recurso potestativo de reposición, interposto contra a Resolución do 11.3.2013, no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística SIL/98/2012, pola cal se impón unha sanción como responsables e promotores das obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, sitas no lugar da praia de Menduíña, concello de Cangas, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a entidade Capitán Morrazo, S.L. para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística