Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45382

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4545/2014).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4545/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 390/2014 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: José Ramón Rodríguez Rodríguez

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Fundación San Rosendo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Benito Corbillón Grande, Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Previsión Accidentes

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social, Wilson Domingo Jones Romero

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4545/2014 desta sección, seguido por instancia de José Ramón Rodríguez Rodríguez contra a Fundación San Rosendo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Benito Corbillón Grande, Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Previsión Accidentes, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, actuando en nome e representación de José Ramón Rodríguez Rodríguez contra a sentenza de data dezaoito de xullo de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense en autos 390/2014 seguidos por instancia da parte recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua La Fraternidad Muprespa, declaramos que a base reguladora correcta para o cálculo das prestacións de IPA do demandante é a de 1.576,82 €/ mensuais, e condeno as ditas demandadas a estar e pasar pola dita declaración e a aboarlle ao demandante unha prestación mensual equivalente ao 100 % da citada base reguladora, coa corresponsabilidade no pagamento da Mutua Fraternidad Muprespa e INSS na forma establecida na presente resolución, e todo iso con data de efectos do 30 de outubro de 2013.

Mantense a libre absolución da Fundación San Rosendo, Benito Corbillón Grande, Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Previsión-Accidentes e da TXSS.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Benito Corbillón Grande e Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Previsión Accidentes, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza