Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45384

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4541/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4541/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 154/2013 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Valentín Guiance Baquero

Avogado: Juan Ramiro Agra Requeijo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Áridos Ecológicos, S.L.U.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Fogasa

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4541/2014 desta sección, seguido por instancia de Valentín Guiance Baquero contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa e Áridos Ecológicos, S.L.U., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación presentado polo letrado Juan Agra Requeijo, actuando en nome e representación de Valentín Guiance Baquero, contra a sentenza de data trinta de xuño de dous mil catorce, ditada nos autos 154/2013 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, seguidos por instancia da parte recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Áridos Ecológicos, S.L.U, revogamos a sentenza impugnada e declaramos o dereito do demandante a que se fixe a base reguladora da súa prestación de incapacidade permanente absoluta en atención ás bases de cotización que se fixan na presente resolución correspondentes ao período de agosto de 2005 a decembro de 2007, e declaramos a responsabilidade directa da empresa demandada pola diferenza que resulte entre a prestación recoñecida e o resultante de aplicar as novas bases de cotización que agora se fixan. O INSS deberá proceder ao anticipo de pagamento de tales diferenzas e todo iso sen prexuízo do dereito desta entidade xestora a repetir contra a empresa as cantidades que satisfaga ao demandante como anticipo. E condénanse as referidas codemandadas a estar e pasar pola dita declaración.

Desestimamos o recurso formulado fronte ao Fogasa e procédese á súa libre absolución.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Áridos Ecológicos, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza