Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45386

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3869/2014).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3869/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 32/2014 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa

Avogado: Wilson Domingo Jones Romero

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jorreto, S.A. e Jaime Prol Mangana

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social, José David del Río Balado

Procurador: José Amenedo Martínez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3869/2014 desta sección, seguido por instancia da Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jorreto, S.A. e Jaime Prol Mangana, sobre accidente, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Colaboradora de la Seguridade Social La Fraternidad-Muprespa contra a Sentenza do 2 de abril de 2014 do Xulgado do Social número 1 de Ourense, ditada no xuízo seguido por instancia de Jaime Prol Mangana contra a recorrente, a entidade mercantil Construcciones Jorreto Sociedad Limitada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas, cuantifícanse en 601 euros os honorarios do letrado impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Jorreto, S.A., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza