Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45388

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3384/2014).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3384/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 75/2014. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrentes: U.T.E. túnel da Canda (Comsa, S.A.U. e Anchelergues e Asociados, S.L.)

Avogada: Eva López Cutillas

Recorridos: Copersa Estructuras SVQ, S.L. e Francisco Senén Fernández Carballal

Avogada: Begoña Alonso Santamarina

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3384/2014 desta sección, seguido por instancia de U.T.E. túnel da Canda (Comsa, Sociedad Anónima Unipersonal e Anchelergues e Asociados, S.L.) contra a empresa Copersa Estructuras SVQ, S.L. e Francisco Senén Fernández Carballal, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Unión Temporal de Empresas Canal de la Canda (Comsa, S.A.U. e Anchelergues e Asociados, Sociedad Limitada), contra a Sentenza do 28 de abril de 2014, do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia de Francisco Senén Fernández Carballal contra a recorrente e contra a entidade mercantil Copersa Estructuras SVQ, Sociedad Limitada), a Sala confírmaa substancialmente, salvo no tocante á contía da condena da cal responde solidariamente a empresa recorrente, que se reduce en 545,59 euros, con devolución íntegra do depósito e devolución nesa contía de consignacións e aseguramentos. Sen imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Copersa Estructuras SVQ, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza