Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45390

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3306/2014).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3306/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento oficio autoridade laboral 577/2013. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrentes: Servizo Público de Emprego Estatal, Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Recorridos: Compañía Natural de Iniciativas Compartidas, S.L., Marianna Mendoza Evelyn

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3306/2014-RX desta sala, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal e Ministerio de Emprego e Seguridade Social contra Compañía Natural de Iniciativas Compartidas, S.L. e Marianna Mendoza Evelyn, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Resolvemos que, con desestimación dos recursos interpostos polo Servizo Público de Emprego Estatal e pola Administración xeral do Estado (Ministerio de Emprego e Seguridade Social), confirmamos a sentenza que con data do 12.12.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número dous 2 de Ourense, e pola que se rexeitou a demanda formulada e foran absoltas a empresa Compañía Natural de Iniciativas Compartidas, S.L. e Marianna Mendoza Evelyn.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Marianna Mendoza Evelyn, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza