Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45381

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 1 de decembro de 2015 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 977/2015, do 26 de outubro, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 30 de novembro.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa por parte dos medios de comunicación en período electoral, acorda a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 30 de novembro de 2015, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 977/2015, co fin de que as entidades políticas que se consideren afectadas poidan examinar esa proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo, e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou os recursos que consideren oportunos.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

Manuel Ferreiro González
Letrado da Administración de xustiza
na Xunta Electoral Provincial da Coruña