Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45380

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 1 de decembro de 2015 polo que se fai pública a composición da Comisión de Radio e Televisión, con motivo das eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 977/2015, do 26 de outubro.

A Xunta Electoral Provincial da Coruña, en sesión do 1 de decembro de 2015, acordou a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión á cal se refire o artigo 65 da LOREX, á cal corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que se celebrarán o vindeiro 20 de decembro.

Unha vez aceptaron os cargos dos representantes designados por cada formación política que, concorrendo ás referidas eleccións, ten representación no Congreso dos Deputados, a composición da Comisión de Radio e Televisión é a seguinte:

• Ana Isabel Peón Piñeiro, presidenta.

• Mercedes Cernadas López, vogal.

• Xosé Manuel Carril Vázquez, vogal.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

Manuel Ferreiro González
Letrado da Administración de xustiza
na Xunta Electoral Provincial da Coruña