Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45249

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4573/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4573/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 460/2014 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorrida: Elisa Fernández Abad

Avogada: Paula López Calviño

Recorrido: Euro-Gomca, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4573/2014 desta sección, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra a empresa Euro-Gomca, S.L. e Elisa Fernández Abad, sobre reclamación de cantidade, ditouse Resolución o 9 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado habilitado da Avogacía do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza do 7 de xullo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, no procedemento 460/2014, seguido por instancia de Elisa Fernández Abad, en que revogaba a expresada resolución. Acollemos a excepción de litisconsorcio pasivo necesario para que o xulgador de instancia faga uso do establecido no artigo 81 da LRJS e requira a parte accionante para que amplíe a demanda e poder traer a xuízo as empresas que poidan conformar grupo de empresas coa mercantil demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Euro-Gomca, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza