Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45251

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2995/2014 PM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2995/2014 PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 353/2013 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Miguel Ángel Freire Freire

Avogado: Manuel Casal Fraga

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, López y Lema, C.B., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Eva María Vidal Rodríguez

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza Galicia, fago saber que, con desestimación do recurso interposto por Miguel Ángel Freire Freire, confirmamos a sentenza que o 4.2.2014 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveron o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega e a empresa López y Lema, C.B.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Que no procedemento de recurso suplicación 2995/2014 desta sección, seguido a instancia de Miguel Ángel Freire Freire contra a empresa López y Lema, C.B., sobre accidente de grao, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

E para que sirva de notificación en legal forma a López y Lema, C.B., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza