Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45253

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3132/2014).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da sección 1 desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3132/2014 desta sección, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Laciana Minera, S.L., Luciano López Arias, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 desta capital, con data do 6 de febreiro de 2014, ditada en autos número 929/2011, sobre grao de invalidez, en proceso seguido por instancia da referida mutua fronte aos demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Laciana Minera, S.L., así como fronte ao traballador Luciano López Arias, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita sentenza. Procede impoñer á recorrente as custas do recurso, incluído os honorarios do letrado impugnante na cantidade de 600 euros, con perda do depósito e das consignacións efectuadas para recorrer, ás que se dará o destino que corresponda cando a sentenza sexa firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente Libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por a esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Laciana Minera, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2015

A letrada da Administración de Xustiza