Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1156/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1156/2012 por instancia de Mutua Midat Cyclops contra a empresa Coincega, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza na data do 4.11.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar a demanda formulada por mutua Midat Cyclops contra a empresa Coincega, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Coincega, S.L. a aboar á mutua Midat Cyclops a cantidade de tres mil quiñentos catro euros con oitenta e tres céntimos de euro (5.504,83 euros) en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo anticipadas pola mutua Midat Cyclops a traballadores da devandita empresa, dos cales debe responder subsidiariamente o Instituto Nacional da Seguridade Social, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social como servizo de caixa única para o suposto de insolvencia da empresa Coincega, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución e para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Coincega, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de novembro de 2015

A secretaria xudicial