Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45247

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3273/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3273/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 613/2013 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A., Mutua Universal Mugenat, Amada Rodríguez García

Avogadas: Carlota Peláez Sabell, María Mercedes Fernández Pereira

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3273/2014 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A., Mutua Universal Mugenat, Amada Rodríguez García, sobre accidente de grao, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, estimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos sobre revisión de grao de invalidez, debemos revogar e revogamos a devandita resolución e, con desestimación da demanda formulada pola demandante Amada Rodríguez García, debemos absolver e absolvemos libremente os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal e a empresa Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A. Sen costas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza