Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44825

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (233/2011).

Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este notifícase a herdanza xacente de Mª del Carmen Estati Hassen a sentenza ditada no presente procedemento, sendo o contido da publicación o seguinte:

Sentenza.

En Lalín o 19 de marzo de 2015.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo verbal número 233/2011, por instancia do procurador Sr. Nistal Riádigos, en nome e representación da Comunidade de Propietarios do Edificio Castelao, defendido polo letrado Sr. Fernández Pedreira, contra a herdanza xacente de María del Carmen Estati Hassen, en situación de rebeldía procesual, e o Ministerio Fiscal.

Resolución:

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se a parte interesada non acredita ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para interpor recurso os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro cartapacio de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño desta aos autos principais.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lalín, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial